Sunday 05 de May de 2024

A Coruña festexará a Semana do Libro cunha vintena de actividades nas Bibliotecas Municipais


A actividade central será a mesa “A Coruña, cidade de libro” con Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez sobre a construción literaria, o 23 de abril na Biblioteca de Estudos Locais

O Concello da Coruña promove preto dunha vintena de actividades para festexar a Semana do Libro, que terá lugar dende o 22 ate o 27 de abril nas Bibliotecas Municipais. Baixo o lema “Letras que unen, oficios que inspiran e historias que transforman”, o Goberno de Inés Rey avanza na dinamización da rede de Bibliotecas con cinco días de obradoiros, contacontos, mesas redondas e unha solta de libros.

Entre os obradoiros programados destacan os de ilustración, escrita e encadernación, co obxectivo de dar a coñecer o oficio da escrita. Nesa liña, o martes 23 de abril terá lugar a actividade central da Semana do libro, coincidindo coa propia celebración do día do libro. Será unha mesa redonda co título “A Coruña, cidade de libro”, sobre a construción literaria coas creadoras coruñesas Bibiana Candia (escritora), Lucía Cobo (ilustradora) e María Reimóndez (traductora). Será ás 19.00 horas da tarde na Biblioteca de Estudos Locais, con entrada de balde ate completar capacidade.

Tamén o martes 23, comezará unha ‘solta de libros’ nos parques próximos a cada biblioteca. Liberaranse lotes de libros que estarán identificados con instrucións sobre como participar na dinámica, que consiste en atopalos e levalos para despois deixalos noutros lugares públicos e fomentar así a dinamización da lectura.

Ademais, as persoas que o desexen poderán visitar as Bibliotecas Municipais para coñecer diferentes mostras bibliográficas sobre o proceso da creación e oficio literario, desde a escrita e a ilustración ata a impresión e a encadernación. Con esta iniciativa, o Concello procura fomentar a lectura e poñer en valor os oficios, xunto co traballo artesán e o proceso creativo detrás de cada obra. Estas completaranse coa mostra ‘Historia do libro’ na Biblioteca de Monte Alto, cun percorrido histórico dende os primeiros manuscritos ata o libro 1 electrónico, pasando por temas como a tipografía, a encadernación, a editora do século XIX, o modernismo ou as bibliotecas.

No canto dos obradoiros, o prazo de inscrición abrirase sete días antes da celebración da actividade. As persoas que o desexen, poderán realizar a súa solicitude de inscrición na web www.coruna.gal/bibliotecas.
Programación de obradoiros, por tipo
ESCRITA
Obradorio Lettering con Alba Farto _Ágora.
Mércores 24, 18.00 h. 9 a 14 anos.
Obradorio Lettering con Alba Farto _Durán Loriga.
Venres 26, 18.30 h. 8 a 12 anos.
Obradoiro Escrita Fotográfica con Nuria Vil_Ágora.
Venres 26, 18.30 h. Público adulto +16 anos.
ILUSTRACIÓN
Obradoiro de Ilustración con tecido e fío con Bea Lema _Durán Loriga. Mércores 24, 19.00 h. Mocidade e Público adulto.
Obradoiro de Ilustración (Banda Deseñada) con Bea Lema _Sagrada Familia. Sábado 27, 11.00 h. 8 a 12 anos.
IMPRENTA
Obradoiro de Imprenta Creativa con Alouette Machine _Castrillón
Martes 23, dúas quendas 17.00 h e 18.30 h. Público familiar con crianzas +10 anos.
Obradoiro de elaboración de Libros en Pop-Up con Aida Alonso _Forum